Angel's profile. : 4nGeL SpAcEs : .PhotosBlogListsMore Tools Help

. : 4nGeL SpAcEs : .

. : CAMBADOS VISTO DOUTRO XEITO : .

Angel Cambados Tirado

Punto Gal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

. : A Miña Etiqueta : .

Image Hosted by ImageShack.us
There are no photo albums.
June 17

. : Achegase O ALBARIÑO : .

 
1
 
A penas queda un mes e medio para o comezo da nosa Festa do Albariño e parece ser que xa temos algún concerto programado para esas fechas.
 
O día 1 de Agosto parece ser que actuaran na Praza de Fefiñans o Grupo Alis xunto con Deluxe ou iso e o que pon na páxina web do grupo Alis http://www.alismusic.com/
 
   
 
 
----------------------------------------------------------------
 
A Praza de Abastos de Cambados é noticia no programa A Revista da TVG, polo motivo da suba de prezos, folgas e desabastecementos de productos do mar.
 
 
 
 
June 14

. : Premios Nacionais da Cultura Galega : .

 
Hoxe en Santiago de Compostela foron entregados os premios Nacionais da Cultura Galiga, o noso veciño Francisco Leiro levouse o Galardón das Artes Visuais.
 

francisco_leiro

 
FELICIDADES PACO
 

. : Protectora de Animais : .

 
1
 
A Protectora de Animais de Cambados xa conta con Páxina Web http://www.protectoraanimalescambados.es/, desde logo que a partir de agora con esta páxina as cusas lle irán moito mellor e que oxala todos eses animais que teñen sexa acollidos por unha familia.
 
MOITA SORTE PROTECTORA
April 29

. : Ostras de luxo : .

 
A REPORTAXE DE UNHA GRANDE CHEA CHEGA A REVISTA
 
No programa A Revista da TVG fixeron eco da reportaxe de unha grande chea.
 
134 2
 
April 25

. : Macroconcerto de Panorama en Cambados : .

 
PANORAMA INAUGURA A GIRA DO SEU 20 ANIVERSARIO EN CAMBADOS
 
Definitivamente o espectáculo co que Panorama abrirá oficialmente os actos do seu aniversario será na Praza de Fefiñans en Cambados o próximo 16 de maio. 

O motivo desta elección foi o impedimiento por parte do executivo Compostelano a superar o tempo de duración do show máis tarde da 1 da madrugada, mentres que o Cambadés puxo toda a colaboración necesaria para a realización de tal evento prestando toda a axuda necesaria ao equipo de produción, tendo en conta que unha gran parte dos compoñentes da orquesta son da zona do Salnés é unha sabia decisión o realizar esta primeira gala en casa.

O horario de comezo do espectáculo está aínda por confirmar pero se prevee que empece a partir das 23:30 horas, será confirmado nos próximos días.

A gala prevee unha asistencia de miles de persoas de toda Galicia, Asturias, León e ata outras partes de España, seguidores da orquesta.
 
A entrada a estas actuacións será completamente libre e gratuita. Con todo, a orquestra quixo aproveitar este evento para realizar unha boa causa. Así, durante as actuacións poñeranse á venda discos compactos e camisetas  dos artistas que actúen. Todo o que se recaude será destinado a financiar as actividades da Asociación de Loita contra o Cancro. Ademais, as actuación que o próximo 16 de maio celebraranse na Praza de Fefiñans serán gravadas por un equipo da TVG. Esta cadea emitira, posteriormente todos os concertos.
 
ARTISTAS INVITADOS
 

8

Monica Naranjo

123
 
                         King Africa                                                               Carlos Baute                                                      Dani Mata
456
 
                           María                                                                            Angi                                                                A Roda                                  
 
7
 
Las K-NARIAS
 
... entre otros.

April 24

. : Eventos de fin de semana : .

 
EVENTOS DA FIN DE SEMANA
 
DesfileTenis de Mesa
April 18

. : O Temporal : .

 
Despois do temporal de vento de ata 140km/h e moita auga de esta noite, Cambados despertouse ca sua costa totalmente irrecoñecible.
A estas horas practicamente esta todo nun estado normal pero aínda me deu tempo de sacar alguna foto para facer proba delo.
 
180420081721804200817918042008182180420081761804200817718042008178180420081741804200817518042008173
 
Pero por se fora puco, non nos podemos fiar da calma que nos esta dando esta maña, Meteogalicia informa que nas próximas 24h outro temporal azoutara Galicia, non tan forte coma o de esta noite pero que a zona das Rias Baixas sera a que posiblemente máis auga reciba.
 
Tempo 
 
----------------------------------------------------------------
 
A Páxina Web do Xuven xa esta aberta.
 
Xuven Amarillo
April 15

. : O ABO faise ca fase : .

 
1
 
O ABO FAISE CA FASE
 
Xa esta decidido, onte a Federación Galega fixo público que a fase de ascenso a Liga EBA disputarase no pabellón Os Remedios de Ourense co club A.B.O como anfitrión e organizador.
A fase disputarase baixo o formato de liguilla en tres xornada os días 16,17 e 18 de maio.
Ademais de nós tamén estan clasificados o equipo Ourensan e o Obradoiro de Santiago. A cuarta praza será moi probablemente para o Arzúa, aínda que o Basquet Coruña pode ter algunha opción a falta de tres xornadas.
A nosa directiva, con Jorge Castiñeiras á fronte, competiu coa de Ourense por organizar o evento da fase final.
O mecanismo para a elección baséase en quen máis cartos poña. Explicome, como organizador debes facer fronte a úns gastos fixos de 2.200€ como canon de arbitrajes e estancia de federativos e árbitros durante dúas noites. Ademais, debes poñer nun sobre pechado un talón cunha cantidade que cada club estime oportuna en funcion da súa economia.
Como podemos deducir a cantidade do ABO foi superior a nosa.
 
O calendario dos partidos está aínda por determinar, supoñemos que á espera de que se decida a cuarta praza.
 
O club en xeral, directiva, equipos e socios preferiamos que fose aqui e asegurovos que pelexamos duro por ela, pero non poido ser e o único que agora e ir alí e PELEXAR POLO ASCENSO.
 
PATROCINADO POR
 
April 14

. : A Crónica da Xornada : .

 

ESTABLECIMIENTOS OTERO – H. VILLAMARTÍN VILALBA

 

77 – 58

 

ESTABLECIMIENTOS OTERO XUVEN: 77 (21+22+18+16): Nacho Rebollo (2), Emilio (-), Serantes (12), Manu Santos (11), Fran (16) —quinteto inicial— Pombo (2), Sineiro (5), Rubén Barreiro (-), Pablo Barreiro (8), Rubén Fernández (14) e Iván Villar (7).

 

HOTEL VILLAMARTÍN VILALBA: 58 (23+17+4+14): Rivera (-), López (18), García (4), Otero (14), Pardo (-) —quinteto inicial— Ramudo (2), De la Vega (8), Real (-) e Eiriz (12).

 

Arbitraron: Balboa e Gallego. Sinalaron 13 faltas ao equipo local (sen eliminados) e 17 ó visitante (sen eliminados).

 

INCIDENCIAS: Vixésimoseptima xornada de liga en primeira nacional. Pabellón de O Pombal ante cerca de 200 espectadores.

 

Xa estamos matemáticamente clasificados para a fase de ascenso. Á nosa victoria uníuselle a derrota do Básquet Coruña, polo que xa somos un dos catro equipos que estará na fase de ascenso a que aínda esta por determinar o lugar para xogar dita fase os días 16, 17 e 18 de maio.

Contra Vilalba costounos moito entrar no partido a nivel defensivo. Durante toda a primeira parte anotamos con moita facilidade, pero non estabamos sendo capaces de controlar o un a un do rival, así se chegou ao descando cun 43-40.

No tercer cuarto mostrámosnos como realmente podemos chegar a defender e deixamos aos lucenses en só 4 puntos nese cuarto cun parcial de 18-4, o que allanou o partido moito de cara ao último cuarto onde as diferenzas nunca baixaron dos doce puntos.

O próximo fin de semana temos dobre xornada. O sábado na cancha da Sálle e o domingo na Coruña o partido aprazado que temos que xogar contra o Riazor.

 

                                                           13032008138

April 08

. : A Crónica da Xornada : .

 

CELTAS INM. NOS FOZ – ESTABLECIMIENTOS OTERO

 

67 – 97

 

CELTAS INM. NOS FOZ: 67 (11+12+22+22): Cobas (6), Pérez (-), Oroza  (11), Ramos (15), Sama (19) —quinteto inicial— Sánchez (-), David Gómez (11), Cao (3) e Alcalde (2).

 

XUVEN CAMBADOS ESTABLECIMIENTOS OTERO: 97 (29+18+24+26): Nacho Rebollo (19), Sineiro (10), Serantes (18), Emilio (14), Iván Villar (5) —quinteto inicial— Pombo (-), Rubén Barreiro (4), Pablo Barreiro (14), Fran (6) e Rubén Fernández (7).

 

Arbitraron: Penín y Seoane. Sinalaron 18 faltas al equipo local (sin eliminados) e 21 ó visitante (sen eliminados).

 

INCIDENCIAS: Vixésimosexta xornada de liga en primeira nacional. Pabellón Toques de Marzán de Foz ante cerca de 50 espectadores.

 

Bo partido o que xogamos en Foz con boa participación dos dez xogadores utilizados.

Manu Santos non puido xogar por un esguince no pulgar.

Empezamos moi centrados coa intención de que a nosa maior intensidade situásenos no camiño da victoria e saleunos ben posto que fomos capaces de irnos 18 puntos arriba ao final do primeiro cuarto (11-29). Fomos capaces de correr o campo de xeito correcto e con boa selección de lanzamento.

Mantivemos a boa defensa no segundo cuarto e fomos capaces de chegar ao descaso cunha vantaxe definitiva de 24 puntos (23-47).

Aínda que o noso ton defensivo baixou moito na segunda parte, ofensivamente mantivemos un alto nivel ante os cambios defensivos que nos suscitou o rival. A boa circulación de balón facilitou tiros fáciles e iso reflectiuse no noso acerto con seis triplos na segunda parte, ademais de canastras de alta porcentaxe de dous puntos.

Foi un partido cómodo que nos deixa a únicamente a un paso da presenza matemática na fase de ascenso.

 

P.D.: So estamos a un partido da fase de ascenso e iso que temos un partido menos.

 

                                                          13032008140

March 31

. : A Crónica da Xornada : .

 

ESTUDIANTES LUGO – ESTABLECIMIENTOS OTERO

 

68 – 82

 

ESTUDIANTES LUGO: 68 (16+14+18+20): Gómez (2), Pereiro (25), Pardo (22), Novo (2), Saad Kaitche (3) —quinteto inicial— Rico (3), Peinó (4), Casiano (-), López (5) e Calles (2).

 

XUVEN CAMBADOS ESTABLECIMIENTOS OTERO: 82 (21+19+18+24): Nacho Rebollo (-), Sineiro (11), Serantes (16), Emilio (9), Iván Villar (15) —quinteto inicial— Pombo (4), Hugo (-), Manu Santos (5), Óscar (-), Fran (8) e Rubén Fernández (14).

 

Arbitraron: Delgado e Fernández. Sinalaron 23 faltas ao equipo local (sen eliminados) e 22 ó visitante (Eliminado: Sineiro).

 

INCIDENCIAS: Vixésimoquinta xornada de liga en primeira nacional. Pazo Universitario de Lugo ante cerca de 100 espectadores.

 

Xa estamos moi preto da clasificación matemática para a fase de ascenso. A derrota do Basquet Coruña en Ourense nos situa a dous partidos do obxetivo con seis xornadas por diante, contando o aprazado.

Empezamos xogando moi serio. Dominamos o rebote ofensivo, pese á presenza dos 2.27 do argelino Kaitche, aínda que algúns desaxustes defensivos impedíronnos acabar o primeiro cuarto con maior renda que os cinco puntos finais.

A partir de aí empezámosnos a aqopar máis cómodos cunha mellor defensa, pese a un arbitraxe que nos castigou en demasía e que axudou ao Estudiantes a non verse con diferenzas máis holgada por detrás. Con todo iso, fomosnos con 10 puntos de renda ao descanso(30-40).

En ataque continuamos logrando bos tiros, pero non tivemos o acerto necesario nos triplos para ampliar vantaxes de xeito defenitivo. Os lucenses seguiron gozando de innumerables tiros libres debido a unha desconcertante labor arbitral, que permitiu aos lucenses anotar 10 dos seus 18 puntos do tercer cuarto desde o tiro libre, por ningún intento desde a liña de persoal pola nosa banda.

Co partido sempre controlado, os cinco triplos que anotou o Estudantes no último cuarto seviron para maquillar a diferenza final.

 

 

                                                    30032008165

March 27

. : Cambados cuna do cine : .

 
Parece ser que en Cambados aparte de ter o mellor viño albariño do mundo e os mellores productos do mar agora tamén temos productores de cine, actores e actrices.
 
231
                                               Chourizo films                                            Juan Gliñanes                                       Paula Charlín
 
A nosa veciña Paula Charlín presenta en Santiago a sua primeira pelicula como actriz.
A pelicula chamase "El Tesoro" dirixida por Manuel Martín Cuenca.
Esta é unha pélicula para a televisión inspirada no clásico da literatura “La Isla del Tesoro”, foi rodada no veran de 2007 en escenarios naturais da zona de Ortigueira e O Barqueiro, na costa coruñesa.
“El Tesoro” está protagonizada por Antonio de la Torre (Goya no 2006 ao mellor actor secundario por “Azuloscurocasinegro”), Antonio Durán ‘Morris’, Luis Zahera e dous xóvenes debutantes: o catalán Julio Soler e Paula Charlín, natural de Cambados, escollidos ambos nas probas de selección realizadas.
A película narra a historia de Fran (Julio Soler), un adolescente fillo de emigrantes galegos afincados en Barcelona, que o morer sues pais decide viaxar a Galicia para coñecer sua orixe e a terra da que tanto ten oído falar.
A aventura do xoven comeza cando descubre uns fardos de hachís ocultos nas rochas. Neste lugar, coñecerá a Manuel (Antonio de la Torre), un pescador, que o salvará e o acollerá na sua casa.
 
A actriz debutante Paula Charlín afirmou que a sua primeira experiencia no cine lle resultou moi gratificante, e ainda que dixo que lle gustaría continuar no mundo do celuloide, non se aventurou a asegurar que o fará.
 
Fotos da pesentación e durante o rodaxe.

12

 

34
 

March 24

. : Volve o traballo : .

 
Despois do descanso de Semana Santa os equipos do club volven aos adestramentos para preparar os encontros da fin de semana.
 
O Xuven enfróntarase esta semana na cancha do Estudiantes Lugo as 11:30, nun principio pode ser un partido facil pero non nos podemos confiar pois achegase a recta final do campionato e todos os equipos querran acabar ben situados na taboa.
 
ANIMO XUVEN
 
13032008143
 
March 23

. : O torneo de Bilbao : .

 
Emilio
 
O torneo Sub20 de Bilbao xa acabou, e a victoria levouna o Estudiantes Fundación Balogal equipo no que o noso xogador Emilio foi cedido.
Os resultados foron:
 
Estudiantes Fund. Balogal - Lucentum Alicante
88-64
 
Estudiantes Fund. Balogal - C.T.I.B. Islas Baleares
96-77
 
Surne. Bizkaia Basket - Estudiantes Fund. Balogal
42-74
 
Durante o torneo estivemos falando con Emilio, preguntandolle que tal estaba.
A verdade que el estaba moi contento, o equipo moi ben e que encontrabase moi comodo na pista.
 
De todos os xeitos no proximo adestramento na casa pregunteremoslle mais pola sua andaina por Bilbao.
 
Desde aqui quero darlle as gracias ao Breogán por darlle esta posibilidade a Emilio e que oxala volvan a confiar nel para outros torneos.
 
2
March 21

. : Partido dos 3o anos : .

 
Bueno do partido co Mega Aqua Monta só podo dicir que é un moi bo equipo. Xogan moi ben e é un equipo moi completo con bos xogadores en todas as posicions e una presencia física importante.
Nós aproveitamos a oportunidade para facer unha convocatoria especial na que incluimos a 15 xogadores como premio ao traballo que todos eles veñen realizando ao longo do ano.
Sua intensidade foi marcando diferencias. Nós intentamos capear o temporal como poidemos, pero sin deixar de dar oportunidades a todos. O final 69-99.
A destacar a moi boa entrada que presentou o pabellón de O Pombal con preto de 400 persoas disfrutando do baloncesto e de unha fecha histórica para o club.
 
Establecimientos Otero Xuven  - Mega Aqua Monta De Belgrad
 
 69 - 99
            
E. Otero Xuventude: Pombo (-), Sineiro (9), Emilio (8), Pablo Barreiro (6), Iván Villar (4) —quinteto inicial— Rebollo (5), Rubén Barreiro (-), Manu Santos (6), Serantes (9), Norman (4), Fran (5), Rubén Fernández (13), Dani Oubiña (-), Óscar Rodríguez (-) e Hugo Insua (-).

Mega Aqua Monta Belgrado: Katnic (10), Cvetkovic (6), Mitrovic (8), Stojacic (20), Mikolicuros (9) —quinteto inicial— Kezelj (2), Vreca (13), Blagojevic (11), Simic (-), Djordjevic (4), Maravic (11) y Grujo (5).

ÁRBITROS: Leo e Tarrío.

PARCIAIS: 12-21; 17-26; 18-28; 22-24.  
 
13032008137
 
March 17

. : A Cronica da Xornada : .

 

ESTABLECIMIENTOS OTERO – CAFEGAL PABELLÓN

 

96 – 69

 

XUVEN CAMBADOS ESTABLECIMIENTOS OTERO: 96 (24+18+27+27): Nacho Rebollo (23), Manu Santos (8), Sineiro (2), Pablo Barreiro (19), Iván Villar (20) —quinteto inicial— Pombo (-), Serantes (2), Rubén Barreiro (-), Rubén Fernández (12), Emilio (10) e Dani Oubiña (-).

 

CAFEGAL PABELLÓN OURENSE: 69 (22+14+15+18): Anxo Díaz (10), Juan Blanco (23), Quique (4), Peleteiro (-), Quintas (18) —quinteto inicial— Caride (-), Benjamín (4), Feijóo (-), Veras (8) e Fernández (-).

 

Arbitraron: Seoane e Santos. Sinalaron 20 faltas ó equipo local (sen eliminados) e 25 ó visitante (sen eliminados).

 

INCIDENCIAS: Vigésimocuarta xornada de liga en primeira nacional. Pabellón de O Pombal ante preto de 300 espectadores.

 

Bo partido o que xogamos contra o líder da categoría nun pabellón de O Pombal que rexistrou unha moi boa entrada.
Empezou o partido con dous equipos anotando con moita facilidade. Os dous equipos non mostraron un bo ton defensivo. Nós fixemos valer a nosa superioridade no xogo interior e iso foi cargando de faltas á mermada rotación dos ourensanos ante as baixas de Ricardo Piedrafita e Germán Pérez.
A partir do segundo cuarto o noso nivel defensivo estivo mellor. A iso uníuselle a entrada en cancha de Rubén Fernández, á que se sumou a aparición ofensiva de Iván Villar. Entre ambos sumaron nese segundo cuarto 16 dos 18 puntos que sumou o equipo.
Con seis puntos de vantaxe empezou a segunda parte (42-36). O Cafegal centrou o seu obxectivo defensivo en non deixar demasiados espazos aos nosos interiores e aí xurdiu o acerto dos nosos exteriores, especialmente acertado estivo Nacho Rebollo, autor de seis triplos. Ao término do tercer cuarto a nosa vantaxe era de 18 puntos (69-51) cun bo xogo pola nosa banda que fomos capaces de manter no último cuarto anotando outra vez os mesmos 27 puntos que conseguimos no tercer acto. O Pabellón, xa clasificado para a fase de ascenso, encomendouse ao acerto de Juan Branco, autor de 21 puntos na segunda parte dos 33 que anotou o seu equipo.
Con este son 18 os partidos gañados e agora quédannos sete por diante para acabar a liga regular.

 

13032008128

 

 
Recordamos que maña as 9 da noite, partido internacional do Xuven contra o Mega Aqua Monta de Belgrado, a entrada GRATUITA.

March 13

. : O Cartel dos 30 anos do Xuven : .

 
Desde hoxe xa esta por todo Cambados e parte do Salnés o cartel dos 30 anos do Xuven.
 
Cartel Xuven - Mega Aqua Monta
 

. : San Benito, SI : .

 

SAN BENITO, SI

San Benito

Eu tamén sumome a reivindicación que esta facendo UGCH pedindo que se celebre a festa do noso Patrón no Venres Santo e que non sexa inxustamente eclipsado nese día.

March 12

. : 30 Anos de Xuven : .

 
NOVOS ACTOS PARA OS 30 ANOS DO XUVEN
 
Como xa publiquei neste space, o vindeiro martes o Xuven xoga contra un equipo Serbio, partido que esta considerado como o acto central do 30 aniversario do club porque é a primeira vez que o Xuven xoga un partido Internacional. Tamén ese mesmo día esperase a presenza dun amplío número de persoas que participaron nalgún momento nestes 30 anos.
Seguindo neste sentido, realizarasé unha homenaxe aos cinco presidentes que tivo o club ata a fecha, Ramiro Vidal Daporta, Roberto Vidal Daporta, José Luis Iglesias Lareu, Juan Luis Iglesias Patiño e Jorje Castiñeiras Arenaz.
 
----------------------------------------------------------------
 
Por outro lado, xa sabemos o lugar, días, partidos e as horas que Emilio(todavia en idade xunior) vai a xogar co equipo lucense Estudiantes Fundación Balogal.
 
Este e o Calendario.
O lugar é o Pabellón La Casilla(Bilbao)
Estudiantes - Lucentum Alicante (xoves 20, 17.00h)
Estudiantes - CTIB Cataluña (venres 21, 17.00h)
Bizkaia Basket - Estudiantes (sabado 22, 12.00h)
 
----------------------------------------------------------------
 
XUVEN - MEGA AQUA MONTA
 
Xa temos os nomes dos xogadores serbios.
 
      NOME              ANO NAC. ALTURA
Katnic Dusan            1989      1.93
Vreca Igor                1989      1.95
Stefan Stojacic         1989      1.92
Mitrovic Aleksandar 1990      2.01
Stefan Stefanovic     1990
Gruijicic Nemanja     1990     2.03
Grujo Nenad              1990     2.04
Cvetkovic Dusan       1989     2.05
Nikolic Uros              1987      2.07
Maravic Nikola          1989     2.10
Djordjevic Stefan     1989      2.06
Simic Filip                 1990     1.84
Tomovic Tomislav    1983      1.95
Dragicevic Strahinja 1986     1.94
Markovic Milos          1984     2.01
Keselj Milos               1990
Blagojevic Milic         1991     2.00
 
20022008108
 
 
*Seguirei Informando
March 11

. : Gran Xornada do Xuven : .

 
Como xa anuncio neste space, este sabado as 7 da tarde enfrentamonos a o lider da categoria, o Cafegal Pabellón, partido no que podra debutar o xogador Rubén Fernandez. Pero a xornada non acaba, como xa anunciei fai algunha semanas neste mesmo space, o martes 18 as 9 da noite e a entrada de valde, xogamos un partido internacional, contra un equipo serbio, o Mega Aqua Monta, un equipo que foi invitado pola Competición da Vilagarcia Basket Cup e que tamén a enmarcamos nos polo 30 aniversario do club. 

m_mega aqua.gif2

Aínda así, a xornada para nós ainda non acabou, o noso xogador Emilio o día seguinte incorporase a disciplina do Estudiantes Breogán co que vai disputar o Torneo Sub 20 de Bilbao. 

1

Desde aqui todo o meu apoio tanto para o Xuven coma para Emilio.

http://www.xuven.com/

 

*Seguirei informando da andaina de Emilio durante o Torneo*

March 10

. : As Eleccións : .


Despois de sumar e analizar todos os datos das urnas durante a xornada das eleccións en Cambados e o Salnés, podese decir que aqui gañau o PP, aínda q a realidade foi a contraria.

Os resultados en Cambados foron os seguintes e estan representados no seguinte gráfico.
PP = 4.566 votos (51.4%); PSOE = 2983 votos (33.4%) e o BNG = 1197 votos (13.4%)

Eleccións Cambados

A conclusión e que o PP gañou outra vez por maioría absoluta.

Agora os resultados de toda a comarca do Salnés.

Eleccións O Salnés

O PP pode decir que O Salnés e o seu feudo, pois máis da metade dos séus concellos como Cambados, Sanxenxo, Vilanova de A., Ribadumia, Meis e Meaño gañaron eles, cun total de 30.358 votos.
En cambio o PSOE é a forza máis votada en Vilagarcia de A., A Illa de A. e no Grove, cun  total de 25.873 votos.
Ainda así o BNG non se queda corto, nos concellos de Cambados, Sanxenxo e Vilagarcia de A. foron capaces de conseguir 4.725 votos en fronte dos 2.556 votos que conseguiron nos 6 concellos restantes. En total conseguiron 7.281 votos.


. : A Cronica da Xornada : .


Esta semana non hai crónica do partido do Xuven porque se aprazou o partido que tiñamos que xogar na Coruña contra o Riazor o sábado pola tarde por unha folga de funcionarios de instalacións deportivas en toda a provincia.
Polo mesmo motivo ata tivo que aprazarse o partido de LEB Bronce do Basquet Coruña.
Nun principio, a data que se fixou para xogar este partido é a do venres 28 de marzo.
Todo isto sóubose o venres a última hora posto que se estiveron buscando solucións, pero ao final non puido ser.

20022008106




March 08

. : As Eleccións : .

Mañan é un dia moi importante para Cambados, pois dependendo do que suceda mañán así ira o noso concello.
Son as eleccións xerais.
Eu penso ir a votar e animo a todos os cambadeses e cambadesas que poidan votar que vaian a exercer este dereito que temos. 
 
1
 
logo_psdeg_psoe

BNG

SORTE A TODOS

E A

VOTAR

March 03

. : A Cronica da Xornada : .

ESTABLECIMIENTOS OTERO – TOLDOS GÓMEZ ARZÚA

 

74 – 78

 

XUVEN CAMBADOS ESTABLECIMIENTOS OTERO: 74 (18+18+20+18): Carlos Pombo (5), Manu Santos (12), Emilio Oubiña (5), Pablo Barreiro (13), Fran Rodríguez (3), c. i., Nacho Rebollo (10), Serantes (4), Rubén Barreiro (2), Martínez (-) e Iván Villar (20).

 

TGM ARZÚA: 78 (13+17+13+35): Manu (7), David Fernández (1), Emilio (13), Óscar (8), Gorri (24), c. i., Chiqui (7), David López (16) e Luis (2).

 

Arbitraron Carbajo e Rodil. Sinalaron 34 faltas ó equipo local (eliminados Serantes e Villar) e 27 ó visitante (eliminado Óscar). Moi protestados.

 

INCIDENCIAS: Vigésimosegunda xornada de liga en primeira nacional. Pabellón de O Pombal ante cerca de 200 espectadores.

 

Derrota das que doen pola forma en que se produciu. Chegamos a ter unha vantaxe de 17 puntos mediado o tercer cuarto e non soubemos rematar un partido que tiñamos máis que encarrilado.

A primeira parte foi bastante equilibrada. O seu pívot Gorri estábanos facendo moito dano no xogo preto de canastra e estaba conseguindo cargar de faltas aos nosos interiores mentres que a outros dos seus homes importantes, como Óscar Gonzalez e o base Manu Rodríguez, tiñámolos ben controlados.

Da man de Iván Villar e o acerto de nacho Rebollo fomos tomando a iniciativa no marcador ata chegar ao descanseo con 6 puntos por diante.

A nosa posta en escena no tercer cuarto foi moi boa. Pablo Barreiro anotou 8 puntos consecutivos que nos dispararon no marcador ata chegar a unha renda de 18 puntos, cun parcial de saída de 11 - 0.

O partido volveuse a igualar ata a conclusión do tercer periodo ao que chegamos cun marcador favorable de 56 - 43.

No último cuarto desaparecemos por completo do campo, non en materia ofensiva posto que mantivemos a media dos tres cuartos anteriores, pero si defensivamente nos que encaixamos un total de 35 puntos nun cuatro no que todo saíunos mal. Defensivamente non estivemos, qou que se lle uniu o gran acerto dos arzuanos con catro triplas nese periodo máis once puntos desde a liña de persoal. Domináronnos o rebote defensivo,  sobre todo cos seus exteriores e dispuxeron de segundas opcións que lles permitiu seguir anotando.

Chegáronnos a igualar no último cuarto e entón o partido decidiuse desde a liña de persoal.

En definitiva, un partido que nos ten que servir para recuperar o estado de alerta para evitar que se nos achegue o quinto clasificado, o Básquet Coruña. A diferenza respecto de eles é agora de catro partidos a falta de oito xornadas para finalizar a liga regular.

 

Por Diego Doval.

 

P.D.: Persoalmente gustariame que o último cuarto de este partido non ocurrise nunca, anotárnnos nin máis nin menos que 35 puntos.

Tamén non tivemos moi boa punteria na liña de persoal, botamos en falta a Emilio e a esas triplas tan decisivas de Sineiro que non xogou por lesión.

Agora ocupamos o 3º posto na taboa e esta fin de semana visitamos a cancha do Coruña.

Pero non todo son malas novas, ois para o próximo partido podera debutar o novo xogador Rubén Fernández.

 

                                                                                           http://www.xuven.com/  

February 28

. : Foro de deportes de Cambados : .

deportes-kmba2_crearforo_es
 
Navegando pola rede encontrei unha páxina de foro que me chamou moito a atención, a páxina e esta http://deportes-kmba2.crearforo.es/foro/index.php, chamoume a atención porque no nome da páxina aparece a palabra Kmba2.
Esta páxina é un foro de deportes, a verdade que e que parece que leva pouco tempo en servizo pois pode verse que moi pouca xente ten rexistrada.
¿Esta páxina e de Cambados? refirome a se a fixo xente de Cambados para rexistrarme ou non.
 
 

Windows Media Player

. : Vídeo : .

Os Meus videos.  

. : Vídeo : .

Os meus Favoritos.  

 Non olvides de deixar teu comentario. 

 

Please wait...
Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
You didn't enter anything. Please try again.
Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
Your parent has turned off comments.
Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
Complete the security check below to finish leaving your comment.
The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.
holaaa he visto tu space y me ha parecido interesante ;) xaoooo!!!
Feb. 12
Romawrote:
. duendes
Hola he visto tu espacio por casualiad!!
Saludos.
Jan. 21
Sotti Sottowrote:
Viva Galiza¡¡ xDD
Jan. 20